martes, 29 de octubre de 2013

Como intervir? Exemplos dun caso real.

Como intervir nun caso de bulimia ou anorexia?
As persoas que padecen anorexia ou bulimia teñen problemas non só físicos tamén psicolóxicos e é de vital importancia conseguir a axuda necesaria para que poidan superalos.

Hai que facelo entender que a súa situación nos preocupa e que desexamos darlle todo o noso apoio. Non debemos xulgar, só mostrarnos comprensivos e comentar a conveniencia de conseguir axuda profesional.

Aínda que a persoa afectada non queira falar do problema e mesmo negue que exista os que están ao seu arredor non deben calar, hai que falarlles do que se está a observar, facelos entender que se estará ao seu lado sempre. Non hai que intentar controlar as persoas con problemas de anorexia ou bulimia, hai moi poucas posibilidades de gañar.

O máis importante mostrarlle sempre un grande apoio, animalo, facerlle entender que realmente ten un problema que non poderá solucionar sen axuda, pero solicitar esa axuda é algo que só pode facer a persoa enferma.

O camiño será longo e duro, pero ha de saber que sempre que queira terá ao seu lado alguén que lle brindará toda a comprensión e o apoio que necesite, pero é ela a que ha de cambiar o seu comportamento e conseguir, pasito a pasito, gañar a batalla .

Exemplo dun caso real de bulimia:

"O meu problema coa comida empezou hai tres anos, despois dun divorcio moi traumático. Eu sempre fun de constitución delgada e a fame que intentaba aplacar coas miñas "enchentes" non era pola comida, era pola falta de afecto e da incomprensión que eu vivín, mesmo por parte da miña familia máis próxima. Sentindo cheo o estómago encontrábame mellor, porque me concentraba en saciar a miña fame con calquera cousa, abrigo con cousas doce que era o que lle faltaba á miña vida, un pouco de dozura. O meu problema aumentou cando deixou de valerme toda a miña roupa e tiven que empezar a comprar talles que ata ese momento non usara. Cheguei a usar un talle 52".

"Ata agora só me ocupara de comer cada vez máis, pero á vez que o meu talle e a miña culpabilidade aumentaban, empezou a entrar na miña vida o vómito como forma de paliar a cantidade de comida que "tragaba" sen saborear sequera. A continuación dunha enchente de comida íame ao aseo e vomitaba todo o que comera. Ao principio custábame forzar o vómito pero logo aprendín con mestría a tocarme co dedo índice a campaíña da garganta, e nuns segundos vía aparecer todo o que acababa de comer sen ter que facer ningún esforzo. O paso seguinte era comer outra vez e o ritual volvía comezar".

"Un día asusteime bastante. No trascurso dunha tarde de sábado e nunhas 3 horas vomitei 3 veces e o meu estómago xa non me admitía comer máis. Enriba aínda quedaba ante min todo o domingo encerrada na casa e coa despensa e o frigorífico cheos a rebentar de comida".

"Din un puñazo enriba da mesa da cociña e díxenme XA BASTA! Collín todas esas porcalladas que estivera a tomar durante tanto tempo, metinas en dúas bolsas de lixo e tireinas no colector. Despois funme a ver a miña nai."

"Despois de falar con ela, empecei a buscar axuda psicolóxica. Buscar axuda especializada foi o mellor que puiden facer, foi o mellor investimento da miña vida. Aos tres meses xa recuperara o meu talle anterior, a que á miña me gusta, a 42, o meu problema coa bulimia rematara."

Exemplo dun caso real de anorexia:

Con 31 anos, Kate Chilver perdeu a loita contra a anorexia. A moza británica morreu tras padecer case 20 anos a enfermidade. O seu caso foi cualificado polos médicos do Reino Unido como o peor visto xamais.

Aos 12 anos Kate Chilver comezou coa enfermidade e dende entón a súa vida transcorreu de especialista en especialista ata que a anorexia nerviosa remato con ela.

Fontes do recinto hospitalario onde se encontraba internada a moza aseguraron que estaba tan delgada que partes do seu intestino e do seu estómago estaban paralizadas por falta de rego sanguíneo.

Kate resistiu case dúas décadas de sufrimento, con moi poucas perspectivas de curación porque mentres o IMC (índice de masa corporal) saudable se sitúa entre 20 e 25, o seu nunca superou o 12, descendendo nalgún momento mesmo ata o 9. No momento da súa morte apenas alcanzaba os 30 quilos.
O caso de Kate foi o caso máis extremo para os médicos que a trataron. Segundo o doutor Frances Connan, psicólogo consultor na Clínica Vincent Square, no sueste de Londres, comentou no Dailymailcomo dende 2004 a moza era alimentada por un tubo. Só dúas veces durante os 20 anos da enfermidade, conseguiu a alta pero logo recaía.

Tamén recorda como Kate non respondía á medicación e non podía participar en terapias nin practicar exercicio de ningún tipo. Tras a súa morte, os doutores que lle realizaron a autopsia coincidían co doutor Connan en que Kate era a paciente máis delgada que xamais tiveran que tratar.

A súa morte produciuse pola ausencia total de graxa do seu organismo o que permitiu que as súas arterias se pechasen por falta de circulación sanguínea. O seu corpo estaba literalemente "morto de fame", recoñecían os especialistas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario