Como previr a bulimia?
-Descubre que te gusta do teu corpo, recórdao, e potencia ese atractivo coa roupa que mellor se adapte ao teu físico. Tamén podes disimular os aspectos negativos. É normal que certas partes do corpo non che agraden, e querer mellorar ou esconder eses defectos non é malo, sempre que non se converta nunha obsesión.-Non te compares cos demais. O físico é, sobre todo, cuestión de xenes, e aínda que se pode mellorar practicando deporte e cunha dieta equilibrada, a estrutura ósea e a estatura non se poden modificar. Aprende a sentirte cómodo co teu físico porque esa seguridade se transmite e resultarás máis atractivo.
-Coñece e valora as túas calidades, e móstraas cando coñezas xente nova. Cando alguén é simpático, enxeñoso, amable, di cousas interesantes e sabe escoitar, o físico queda nun segundo plano.
-Non critiques a aparencia dos demais. Valóraos polas súas calidades e o seu carácter, á marxe da súa beleza.
-Se te sentes mal co teu corpo, non comeces unha dieta pola túa conta sen consultar primeiro cun profesional. Non te illes, fala coa túa familia e amigos. Sempre hai alternativas para mellorar sen necesidade de caer en hábitos prexudiciais para a túa saúde, que son un problema grave e non unha solución.
Como previr a anorexia?
Prevención dende a infancia-Ensinar aos nenos desde de pequenos, tanto na casa coma na escola, a importancia duns correctos hábitos alimenticios.
- Comer en familia sempre que sexa posible, convertendo o momento da comida nunha reunión agradable na que se intercambian as vivencias do día.
-Los menús deben ser variados e incluir todos los tipos de alimentos necesarios para una correcta nutrición.
-Salvo que existan razóns de saúde, non se deben excluír alimentos da dieta do neno, pois todos son necesarios na súa xusta medida, aínda que si se debe limitar o consumo de doces e sobremesas industriais, substituíndoos, na medida do posible, por outros feitos na casa.
-Probar con distintas verduras e froitas ata encontrar as que máis lle agraden. Aínda que non lle guste o coliflor, pode que lle encanten as espinacas.
-Establecer horarios de comida regulares. Mellor se a comida se reparte en 4 ou 5 tomas ao longo do día (almorzo, xantar, comida, merenda e cea).
Prevención dende a adolescencia
-Os educadores en contacto con adolescentes xogan un papel moi importante na detección precoz dos trastornos alimentarios, e deben avisar os familiares se observan alteracións emocionais ou cambios no comportamento ou o aspecto físico dos mozos.
-Se o mozo necesita perder peso por motivos de saúde, debe facelo sempre baixo control médico e co coñecemento dos pais. Se estes observan que o desexo de perder peso está inxustificado, ou que o mozo empeza a reducir sen motivo a cantidade de comida, deben consultar inmediatamente cun especialista.
-Os familiares deben evitar facer comentarios despectivos sobre o aspecto físico doutras persoas. Pódese criticar unha mala acción ou o mal carácter de alguén, pero non burlarse da súa "fealdade" ou "gordura".
-Nesta mesma liña, débese ensinar ao adolescente a valorar as virtudes dos outros en vez de xulgalos polo seu aspecto físico.
-Favorecer a integración e convivencia entre persoas procedentes de distintos ámbitos sociais e culturais, axuda ao adolescente a comprender que ser diferente non significa ser peor nin mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario